Plan Proxecta



"PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA" E "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"
Este curso, dada a temática do proxecto anual da alimentación saudable, foronnos concedidas dúas actividades do Plan Proxecta. A guía didáctica destas actividades, tamén divulgada por mail ás titoras do alumnado que realizará estas actividades, é a que aparece a continuación.

GUÍA DIDÁCTICA:

  PÁXINA WEB DAS ACTIVIDADES
 A páxina web dispón de enlaces e materiais moi interesantes relacionados coa alimentación saudable, tanto para educación infantil como para primaria.
https://ponlleaspilasaoteubocata.xunta.gal/

Relacionado coa actividade de "Ponlle as pilas ao teu bocata" pero interesante tamén para o resto do profesorado, podemos buscar recursos nas diferentes pestanas da páxina.
En Descargas, podedes atopar entre outros:
  • Conto "Naufragio en conserva" acompanado de unha unidade didáctica, recomendado para o 2º ciclo.
  • Folleto (recomendado).
  • Folleto de presentación da campaña con información sobre as conservas. Actividade colorea para Infantil, Proceso de enlatado para primaria.
En Consellos, hai unha morea de recomendacións e receitas dun chef para a elaboración de bocatas saudables.
En Unha pila de colexios, se engadirá unha fotografía do alumnado participante na actividade.
E por último en Ligazóns, salientar que hai páxinas moi interesantes relacionadas.

Relacionado coa outra actividade, "O sabor da aventura está no mar", aparte da saída a Bueu, hai tamén actividades recollidas na páxina web.
Hai un conto, no que as persoaxes toman como nome un alcumen dun peixe ou habitante do mar.
Este conto pon á nosa disposición 5 unidades didácticas tamén descargables (a unidade didáctica propia do conto, unha para 1º de primaria, outra para 2º e outras dúas para 3º e 4º).
Tamén podedes atopar un peirao virtual na parte de abaixo da páxina, no os nen@s poder pasar o rato por riba deles para coñecelos.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario